Autodesk Revit
Autodesk Revit é un programa informático BIM (Building Information Modeling, modelado de información para construción), para Windows propiedade de Autodesk. O programa permite aos usuarios construír edificios e deseños 3D, anotar o deseño con obxectos 2D nunha base de dados. Revit é un programa 4D BIM, permite con ferramentas planificar a traxectoria e estratexia construtiva durante o ciclo de vida, concepto e construción ata o posterior mantemento e/ou demolición.
Autodesk Revit | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Autodesk |
Última versión | 2018 (Abril 2017) |
Sistema operativo | Windows 64 bits |
Tipo | CAD BIM |
Licenza | Propietario |
Sitio web | https://www.autodesk.com/products/revit-family/overview |
Autodesk comprou a compañía texana Revit Technology Corporation por 133 millóns de dólares en 2002. As últimas versións do programa son de 64 bits.
Historia
editarCharles River Software foi fundada en Newton, Massachusetts, o 31 de outubro de 1997, por Leonid Raiz e Irwin Jungreis. Dous programadores chave do programa de CAD Pro/Engineer de PTC para o deseño mecánico, coa intención de levar o poder do modelado paramétrico á industria da construción e obra civil (PTC tiña tentado e non foi quen de comercializar o programa Reflex no sector da construción). Co financiamento de Atlas Venture e North Bridge Venture Partners, Raiz e Jungreis contrataron a varios programadores de software e arquitectos para comezar a traballar en Revit con C++ na plataforma Microsoft Windows. En 1999 contrataron a Dave Lemont como CEO e a membros para a xunta directiva a Jon Hirschtick, fundador de SolidWorks, e Arol Wolford, fundador de CMD Group.[1]
Versións
editarVersión | Desenvolvedor | Data de lanzamento | Novas |
---|---|---|---|
Revit 0.1 | Charles River Software | 1999, novembro | Early Adopter 1 |
Revit 0.2 | Charles River Software | 2000, xaneiro | Early Adopter 2 |
Revit 1.0 | Revit Technology Corporation | 2000, abril | Primeiro lanzamento público |
Revit 2.0 | Revit Technology Corporation | 2000, Agosto | - |
Revit 2.1 | Revit Technology Corporation | 2000, outubro | - |
Revit 3.0 | Revit Technology Corporation | 2001, febreiro | - |
Revit 3.1 | Revit Technology Corporation | 2001, Xuño | - |
Revit 4.0 | Revit Technology Corporation | 2001, novembro | - |
Revit 4.1 | Revit Technology Corporation | 2002, xaneiro | - |
Revit 4.5 | Autodesk | 2002, maio | Primeiro lanzamento de Autodesk |
Revit 5.0 | Autodesk | 2002, decembro | - |
Revit 5.1 | Autodesk | 2003, maio | - |
Revit 6.0 | Autodesk | 2003, decembro | - |
Revit 6.1 | Autodesk | 2003, marzo | - |
Revit 7.0 | Autodesk | 2004, decembro | - |
Autodesk Revit Building 8.0 | Autodesk | 2005, febreiro | Novo nome: Autodesk Revit Building |
Autodesk Revit Building 8.1 | Autodesk | 2005, Agosto | - |
Autodesk Revit Building 9.0 | Autodesk | 2006, abril | - |
Revit Architecture 2008 | Autodesk | 2007, abril | Novo nome: Revit Architecture |
Revit Architecture 2009 | Autodesk | 15 de abril de 2008 | - |
Autodesk Revit Architecture 2010 | Autodesk | 16 de abril de 2009 | Novo nome: Autodesk Revit Architecture |
Autodesk Revit Architecture 2011 | Autodesk | 16 de abril de 2010 | - |
Autodesk Revit Architecture 2012 | Autodesk | 11 de abril de 2011 | - |
Autodesk Revit Architecture 2013 | Autodesk | 27 de marzo de 2012 | - |
Autodesk Revit Architecture 2014 | Autodesk | 26 de marzo de 2013 | - |
Autodesk Revit Architecture 2015 | Autodesk | 11 de abril de 2014 | - |
Autodesk Revit Architecture 2016 | Autodesk | 13 de abril de 2015 | - |
Autodesk Revit 2017 | Autodesk | 18 de abril de 2016 [2] | Todo nun [3] |
Autodesk Revit 2018 | Autodesk | 13 de abril de 2017 [4] | - |
Notas
editar- ↑ Crotty, Ray (2012). The Impact of Building Information Modelling: Transforming Construction. London: SPON/Routledge. p. 72. ISBN 9781136860560.
- ↑ "Consultado 22 abril 2016". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2018. Consultado o 29 de xaneiro de 2018.
- ↑ "consultado 22 abril 2016". Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2016. Consultado o 29 de xaneiro de 2018.
- ↑ What’s New in Revit 2018? blogs.autodesk.com