Austvågøe ou Austvågøxa é a máis ao nordés das illas máis grandes do arquipélago de Lofoten no condado de Nordland, Noruega, e sede da capital do arquipélago, Svolvær.[1]

Austvågøy
Austvågøy en Noruega
Austvågøy
Austvågøy
Localización da illa
Mapa da illa
Situación
PaísNoruega Noruega
ArquipélagoLofoten
MarOcéano Atlántico
Coordenadas68°14′40.92″N 14°29′17.52″L / 68.2447000, -14.4882000Coordenadas: 68°14′40.92″N 14°29′17.52″L / 68.2447000, -14.4882000
Xeografía
Superficie526,7 km²
Longura máxima30 km
Largura máxima40 km
Punto máis alto1146 m Higravstinden
Demografía
CapitalSvolvær
Poboación4177 hab.

Atópase entre Vestfjorden e o Mar de Noruega. A illa de Vestvågøxa atópase ao suroeste e a grande illa de Hinnøxa ao nordés.

A maior parte da illa é parte do municipio de Vågan, mentres que a parte nororiental pertence ao municipio de Hadsel. A cidade principal na illa é Svolvær. Austvågøxa é popular entre os alpinistas. O famoso Trollfjord atópase na parte oriental da illa. Austvågøe está conectado pola estrada Ruta europea E10 á illa veciña de Hinnøxa no leste usando a Ponte de Raftsund e á illa de Gimsøxa no oeste usando a Ponte Gimsøystraumen.[2]

Xeografía editar

A illa ten 526,7 km², ten 40 km de longo en dirección leste para oeste e 30 km delargo de norte a sur. As illas que rodean Austvågøxa inclúen Gimsøxa e Vestvågøxa ao oeste, Skrova, Litlmolla e Stormolla ao sur, Hinnøxa ao leste, e Hadseløxa ao norte.

Austvågøxa é en gran parte un macizo montañoso, con terras baixas case exclusivamente nas praias costeiras, o bordo das terras baixas ao redor da costa. A montaña máis alta da illa (e de todo Lofoten) é con 1146 m de altura Higravstinden, situada na parte oriental da illa. Svartsundtindan (1050 m), Trolltindan (1045 m), e Olsanestind (1000 m.) tamén están na parte leste, mentres que o famoso Vågakallen (942 m) se cierne sobre Henningsvær na parte suroeste

Nome editar

A forma nórdica antiga do nome era Vágøe. O primeiro elemento é o nome do antigo sitio da igrexa en Vågan onde se atopa a Igrexa de Vågan hoxe. O último elemento é øe que significa "illa". A palabra aust (que significa "leste") engadiuse máis tarde ao nome para diferencialo coa illa veciña de Vestvågøxa.

Galería editar

Notas editar

  1. "Earth from Space: Lofoten, Norway". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2022-03-12. 
  2. Store norske leksikon. "Austvågøy" (en Norwegian). Consultado o 2012-07-11. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar