Aurelio Rey Alar
fotógrafo e político galego
Aurelio Rey Alar, nado en Baiona o 11 de maio de 1904 finado no mesmo concello o 8 de agosto de 1993, foi un fotógrafo e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de maio de 1904 Baiona, España |
Morte | 8 de agosto de 1993 (89 anos) Baiona, España |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafo , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarPasou a infancia en Sabarís, foi alumno da Escola Pro-Val de Mañufe e despois trasladouse coa súa familia a Vigo. Regresou a Baiona e, cara 1926, instalouse como fotógrafo nun local da rúa de Elduayen. Despois abriu unha ferretería na rúa Alférez Barreiro onde continuou coa fotografía, editando postais panorámicas da vila. Foi alcalde de Baiona de 1949 a 1951 e posteriormente concelleiro. Continuou coa ferretería, ata a súa xubilación.
Predecesor: Evaristo Casal del Rey González |
Alcalde de Baiona 1949 - 1951 |
Sucesor: José Pereira Troncoso |