Augustin de Saint-Aubin

ilustrador francés

Augustin de Saint-Aubin, nado o 3 de xaneiro de 1736 en París e finado na mesma cidade o 9 de novembro de 1807, foi un ilustrador e gravador francés.

Augustin de Saint-Aubin
Nacemento3 de xaneiro de 1736 e 3 de xuño de 1736
Lugar de nacementoParís
Falecemento9 de novembro de 1807
Lugar de falecementoParís
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónilustrador, pintor, artista gráfico, debuxante e gravador
IrmánsLouis-Michel de Saint-Aubin
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Fillo de Gabriel-Germain de Saint-Aubin (1696-1756), bordador da corte real, tamén os seus irmáns Gabriel-Jacques de Saint-Aubin, Charles-Germain de Saint-Aubin e Louis-Michel de Saint-Aubin foron igualmente respectados artistas.

Aprendeu gravado co seu irmán e logo estudou con Etienne Fessard, Nicolas-Henri Tardieu[1] e Laurent Cars. Realizou múltiples ilustracións para o Journal de musique de M. Lagarde, para representacións de teatro, catálogos de venda, libros ou mesmo o gabinete de historia natural do duque de Chevreuse. Foi un artista moi prolífico, con arredor de 3000 obras [2], moitos retratos debuxados; dos seus gravados salientan os baseados en retratos de Charles-Nicolas Cochin o Novo.

Entrou na Real Academia de Pintura en 1775. En 1777 [3] recibiu o nomeamento de gravador do rei e da súa biblioteca.

Seguindo os criterios da Asemblea Nacional, con Pierre-Joseph Lorthior e Nicolas-Marie Gatteaux realizou as emisións de asignados de 200, 300 e 1000 libras creados polas leis do 16 e 17 de abril de 1790.

Debuxos Editar

Gravados Editar

Augafortes Editar

Notas Editar

  1. Fahy, Everett (editor); Wrightsman, Jayne (editor) (2005). The Wrightsman pictures. New York: Metropolitan Museum of Art. p. 222
  2. "Le Concert (The Concert) by L. Provost, 19th-century engraver [article]". Library of Congress. Washington, DC: Library of Congress. Consultado o 23 de xuño de 2015. 
  3. Journal de Paris, 4 de xuño de 1777, n° 155, p. 1.