Augmented Target Docking Adapter
Augmented Target Docking Adapter, coñecido tamén polo seu acrónimo ATDA, foi un vehículo espacial non tripulado usado como obxectivo para cita espacial da misión Gemini 9. Foi lanzado o 1 de xuño de 1966 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral mediante un foguete Atlas SLV-3.[2][4][5][6]
ATDA / Augmented Target Docking Adapter / Gemini 9 Target B | |
---|---|
O ATDA en órbita, coa cofia acoplada. | |
Tipo | Tecnolóxico. |
Organización | NASA |
Satélite de | Terra |
Data de lanzamento | 1 de xuño de 1966[1][2][3][4] |
Foguete portador | Atlas SLV-3[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral[2][6] |
Obxectivo da misión | Obxectivo para a misión Gemini 9.[2] |
Decaemento | 11 de xullo de 1966[1] |
NSSDC ID | 1966-046A |
Masa | 794,0 kg[5] |
Dimensións | Cilindro de 1,52 m de diámetro e 3,3 m de longo[2] |
Características
editarO ATDA foi preparado como apoio en caso de fallo do vehículo de cita principal, o Gemini Agena Target Vehicle, como así ocorreu. O ATDA tiña forma de cilindro de 1,52 m de diámetro e 3,33 m de longo. Tiña un adaptador de acoplamento nun dos extremos e un sistema de comunicacións, control e comando a bordo, así como luces de posición.[2][4][5][6]
Tras o lanzamento, o ATDA foi posto nunha órbita circular de 304 km de altura. A telemetría indicou que a a cofia separarase pero non fora exectada. Os astronautas da Gemini 9 confirmárono, con Tom Stafford describindoo como parecendo un aligátor enfadado. Análises posteriores descubriron que o problema foi a mala colocación de cordeis mal instalados na cofia.[2][4][5][6]
A Gemini 9 achegouse ata 8 m do ATDA e aínda que se considerou a posibilidade de que os astronautas soltaran a cofia a man finalmente desbotouse por demasiado perigosa. Os plans de voo modificáronse para que a Gemin 9 fixera dúas manobras máis de cita co ATDA antes de volver a terra. O ATDA en si reentrou na atmosfera o 11 de xullo de 1966.[2][4][5][6]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ATDA" (en inglés). Consultado o 11 de xullo de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (21 de marzo de 2017). "Gemini 9 Target B" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 11 de xullo de 2018.
- ↑ "Information Furnished in Conformity with General Assembly Resolution 1721 B (XVI) by States Launching Objects into Orbit or Beyond" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (66-21534): 2. 2 de setembro de 1966. Consultado o 11 de xullo de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Claude Lafleur (2018). "ATDA / TDA 4" (en inglés). Consultado o 11 de xullo de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "ATDA" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2016. Consultado o 11 de xullo de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2018). "Atlas Target Docking Adapter" (en inglés). Consultado o 11 de xullo de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Augmented Target Docking Adapter |