Temoe
Atol
Datos
País Francia
Illa principal Temoe
Linguas
Poboación (2012) Deshabitado[1]
Superficie 2´1 km²
Superficie lagoa 12 km²
Nº de illas 27
Coordenadas 23°20′S 134°28′O / -23.333, -134.467
Maior Altura
Localización
Localización do atol

Temoe ou Te Moe ás veces chamada Timo é un atol que depende administrativamente das Illas Gambier na Polinesia francesa.

Xeografía editar

Temoe atópase a 50 km ao sueste de Mangareva. Atópase no extremo sueste do arquipélago das Tuamotu, a uns 37 km ao sueste das Illas Gambier e máis de 1700 km ao sueste de Mataiva, no outro extremo do arquipélago de Tuamotu.

De forma trapezoidal, ten 6´8 km de largo e 4´2 km de longo cunha área de 2´1 km² e unha lagoa de 12 km². As súas illas son baixas e planas, e a lagoa cunha profundidade máxima de 23 m. non ten ningún paso navegable para entrar nela. A 25 km ao oeste está un dos principais Arrecifes, o arrecife de Portland de 25 km. de longo, e situado a 10 m de profundidade.

A illa, adscrita administrativamente ás Illas Gambier,[2] está deshabitada de forma permanente.

Historia editar

A primeira mención dalgúns dos atois fixoa o navegante británico James Wilson en 1797, quen a bautizou como Crescent Island.

Está deshabitado desde 1838, cando os misioneiros trasladaron aos seus habitantes a Mangareva para a súa evanxelización.

Historia editar

Temoe está oficialmente deshabitada. Hai antigos restos arqueolóxicos polinesios neste atol solitario. A máis importantes son as estruturas dun templo (marae).[3]

Dise que bucaneiro Edward Davis podería chegar a Temoe e Mangareva en 1686. Pero non hai ningunha proba histórica deste feito.[4]

O primeiro rexistro europeo da chegada a Temoe foi o do navegante británico James Wilson no barco Duff en 1797. O capitán Wilson nomeou este atol "Crescent Island".[5]

En 1838 os misioneros cristiáns trasladaron a todos os habitantes de Temoe a Mangareva para axudar nos traballos de construción.[6]

Notas editar

  1. "Population". Institut de la statistique de la Polynésie française. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2020. Consultado o 26 September 2014. 
  2. "Oceandots - Temoe". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2010. Consultado o 24 de xuño de 2016. 
  3. Mangareva
  4. The Geographical Journal, Vol. 65, No. 6, Jun., 1925 - The Riddle of the Pacific
  5. - The Geographical Journal, Vol. 50, No. 1, Jul., 1917 - Notes on Easter Island
  6. "Mangareva, Tahiti - Death of a People". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2012. Consultado o 24 de xuño de 2016.