Atol Manihiki
Manihiki | |
---|---|
![]() | |
Datos | |
País | Illas Cook |
Illa principal | Tokerau |
Linguas | |
Poboación (2001) | 515 hab. |
Superficie | 5,4 km² |
Superficie lagoa | 20 km² |
Nº de illas | 40 |
Coordenadas | 10°24′S 161°00′O / -10.400, -161.000 |
Maior Altura | |
Localización | |
![]() |
Manihiki, antes Humphrey, é un atol das Illas Cook setentrionais. Está situado a 1.160 km ao norte de Rarotonga. As súas coordenadas son 10º 24' S 161º 0' O.
Xeografía
editarO atol, de forma triangular, está formado por corenta illas que encerran unha lagoa profunda sen ningún paso navegable. Ademais, ten uns pequenos illotes no centro da lagoa. A superficie total é de 5,4 km².
O atol é famoso polas súas perlas negras, que se cultivan en gran cantidade, producindo grandes beneficios. Ademais, é un punto de atracción para os afeccionados ao mergullo e á pesca en mar a fóra.
O centro administrativo está en Tauhunu, e existe outra vila chamada Tukao. A poboación total era de 515 habitantes no censo do 2001.
Historia
editarEstímase que os polinesios establecéronse en Manihiki polo menos desde o ano 1500. Foi descuberto polos europeos o 1822 polo capitán estadounidense Patrickson que o denominou Humphrey Island. O nome tradicional era Tapuahua.
Os habitantes de Manihiki e Rakahanga vivían tradicionalmente alternando entre un atol e o outro, segundo as reservas alimentarias que tiñan en cada atol. A viaxe de 44 km de distancia entre ambos os atois, realizada con piraguas ás veces resultaba perigoso. O ano 1852 os misioneiros europeos convencéronos de que se dividisen entre os dous atois e puxeron fin a esta alternancia.