Kwajalein (en marshalés: Kuwajleen) forma parte das Illas Marshall. Está a 3.900 km de Honolulu, Hawai.

Modelo:Xeografía políticaAtol Kwajalein
Kwajalein (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 8°43′N 167°44′L / 8.72, 167.73
Poboación
Poboación11.408 (2011) Editar o valor en Wikidata (696,03 hab./km²)
Xeografía
Superficie16,39 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2MH-KWA Editar o valor en Wikidata

No seu territorio atópase unha das cinco estacións de monitorización do sistema GPS (as outras catro están en Colorado Springs, Hawai, Diego García e Ascensión).

Xeografía

editar

Kwajalein é un atol coralino dos máis grandes do mundo, medido pola zona pechada de auga. Composto por 97 illotes, que teñen unha superficie de 16,4 km², e ao redor dunha das maiores lagoas do mundo, cunha superficie de 2.174 km².

A illa de Kwajalein é a parte máis ao sur, e a maior, das illas no atol de Kwajalein. A máis setentrional, e a segunda, é a illa de Roi-Namur.

A poboación do illote de Kwajalein atópase actualmente por baixo dos 1.000 habitantes, na súa maioría estadounidenses e un pequeno número das Illas Marshall e doutras nacionalidades, todos os cales teñen o permiso expreso do Exército dos Estados Unidos para vivir alí.

O principal modo de transporte persoal é a bicicleta, a vivenda é gratuíta para a maioría de persoal, dependendo do contrato ou do servizo.

Uso actual do Exército dos Estados Unidos

editar

Estas son as dúas illas principais utilizados polo persoal dos Estados Unidos, e as súas familias alóxanse en remolques ou infravivendas. A maioría do persoal solteiro reside en vivendas tipo apartamentos.

Desde 1944, cando forzas estadounidenses capturaron o atol ao Xapón na Batalla de Kwajalein, utilízase con fins militares polos Estados Unidos, escapou do destino dos atois Bikini, Rongelap e Enewetak. Kwajalein nunca foi un lugar de detonacións de armas nucleares. Con todo, foi a base principal destas probas de armas, é dicir, da Operation Crossroads.

 
Atol Kwajalein (Os nomes Jacob, Arnold etc. son códigos da segunda guerra mundial)

Kwajalein hoxe

editar

Aínda que as Illas Marshall independizaronse oficialmente dos Estados Unidos, e converteuse nunha república independente en 1986, o atol de Kwajalein é aínda utilizado polos Estados Unidos para as probas de mísiles e outras operacións. Aínda que esta historia militar influenciou profundamente a vida dos habitantes das Illas Marshall que viviron no atol desde a guerra ata a actualidade, a historia militar de Kwajalein fixo que o turismo fose case inexistente polo que o medio mantívose relativamente virxe. Os civís norteamericanos e as súas familias que residen nas instalacións militares en Kwajalein poden gozar desta contorna con poucas restricións. A lagoa de Kwajalein ofrece un excelente lugar de mergullo no que ver naufraxios, unha gran cantidade de buques xaponeses, uns poucos avións, e o cruceiro pesado alemán Prinz Eugen. A pesca en mar a fóra e a pesca submarina tamén son excepcionais. A temperatura da auga de 27 graos e os 100 pés de visibilidade son comúns cando se mergulla no océano a veira do atol.

A veciña illa Ebeye ten a maior poboación do atol, con aproximadamente 13.000 habitantes (a maioría das Illas Marshall e unha pequena poboación de voluntarios e emigrantes doutros grupos de illas e nacións) que viven en 0´32 km² de terra. Ebeye é un dos lugares máis densamente poboados do mundo e os seus habitantes viven na extrema pobreza con só un arrecife de coral (visible e capaz de ser percorrido en marea baixa), unindoos a Kwajalein e o resto do mundo exterior.