Atol Kili
Kili | |
---|---|
![]() | |
Datos | |
País | ![]() |
Illa principal | |
Linguas | |
Poboación (2005) | 602 hab. |
Superficie | 0,93 km² km² |
Superficie lagoa | km² |
Nº de illas | 1 |
Coordenadas | 5°37′N 169°07′L / 5.617, -169.117 |
Maior Altura | |
Localización | |
![]() |
Kili (ou Kõlle, no idioma local) é un atol coralino de 0,93 km no océano Pacífico, situado en 5°37´N, 169°07´E. Atópase ao suroeste de Jaluit, na cadea Ralik e pertence ás Illas Marshall: é unha das súas illas máis pequenas. Foi coñecido tamén polos nomes Hunter Island (Bennet 1797) e Djeboar Island. Parece que o primeiro barco en arribar á illa foi o mercante inglés Britannia en 1797Ships visiting the Marshall Islands (until 1885)- Kili Island, edited by Dirk H.R. Spennemann. A illa estivo deshabitada ata 1948, cando o goberno de Estados Unidos trasladou aos habitantes do Atol Bikini mentres levaba a cabo as probas nucleares, tras haberlles situado primeiro na illa de Rongerik e en Kwajalein. En 1978, algúns intentaron o retorno a Bikini, pero foron evacuados de novo pois Bikini seguía contendo índices altos de radioactividad. En Kili residen uns 600 habitantes. Kili non ten lagoa nin protección coralina. Non se pode acceder a ela por vía marítima durante catro meses ao ano debido á furia do mar. Un pequeno aeroporto garante os contactos. O principal produto agrícola é a copra. Polo acordo entre Estados Unidos e as Illas Marshall, a poboación recibe unha axuda duns 15 dólares ao ano per capita. Dispón dunha escola primaria cuns 150 alumnos.