Akiaki (antes Lanciers e Thrum Cap) é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Administrativamente depende da comuna de Nukutavake. Está situado no centro e ao leste do arquipélago, a 130 km de Nukutavake.

Modelo:Xeografía físicaAtol Akiaki
TipoAtol Editar o valor en Wikidata
Parte deTuamotu Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaTuamotu Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAtol Vahitahi, Francia Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 18°33′S 139°13′O / -18.55, -139.22
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións1 (ancho) × 2 (lonxitude) km
Superficie1,4 km² Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de descuberta ou invención1768 Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar

Hoxe a lagoa interior está seca, e o atol está deshabitado.

Historia

editar

Foi descuberto en 1768, polo francés Louis Antoine de Bougainville. Sorprendido de que unha illa tan pequena puidese estar habitada, pensou que serían náufragos, pero ao achegarse os indíxenas ameazáronlles cunhas enormes lanzas, e chamouna illa dos Lanceiros (Lanciers). O ano seguinte ao inglés James Cook pareceulle que tiña a forma da típica gorra dos mariñeiros e chamouna Thrum Cap.