Asun Estévez
Asun Estévez Estévez, nada en Bueu o 18 de novembro de 1966, é unha escritora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de novembro de 1966 (58 anos) Bueu, España |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, escritora |
Traxectoria
editarTraballa como Auxiliar de Enfermería Xeriátrica.
En abril do ano 2009 participou no 1º Encontro Internacional de Poesía que se celebrou en Aveiro (Portugal). En xullo foi a primeira muller en facer o pregón da Festa do Viño Tinta Femia de Cela (Bueu).[1]
Poética:[2]
Entendo a poesía como a forma máis pura de expresión e creatividade, a que me permite ser máis eu, máis verdade, a que me fai bailar cunha forza sempre nova. A cidade favorita a que volvo unha e outra vez, o veleno e o antídoto, a tentación que me provoca e arrastra o reconforto.
Obra
editarPoesía
editar- Pel de muller (2008). Vigo: Ir Indo. ISBN 978-84-7680-628-9.
- Noites, amenceres... e algo máis (2010). Vigo: Ir Indo. ISBN 978-84-7680-668-5.
- Medrar nas mans (2013). Vigo: Ir Indo.[3] ISBN 978-8476807071.
Narrativa
editar- Bicos de sol (2010). Vigo: Ir Indo. ISBN 978-84-7680-669-2. Editado en castelán, baixo o título Besos de sol, no mesmo ano e editora, ISBN 978-84-7680-670-8. É un conto que nace para desdramatizar o impacto que supón unha grave enfermidade no seo dunha familia.[1]
Obras colectivas
editar- Pegadas (2011). A Porta Verde do Sétimo Andar.
- Xabarín 18 (2013). EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Asun Estévez". www.aelg.gal. Consultado o 2023-05-31.
- ↑ asescollaselectivas (2013-02-13). "Asun Estévez". As Escollas Electivas. Consultado o 2023-05-31.
- ↑ Nicolás, Ramón (2014-02-28). "Medrar nas mans, de Asun Estévez". Caderno da crítica. Consultado o 2023-05-31.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Entrevista á autora Arquivado 01 de febreiro de 2016 en Wayback Machine. en Galicia Hoxe.
- Blog da autora
- Cuestionario Proust en Lecturafilia.