Asterionella

Asterionella
Asterionella formosa.jpg
Asterionella formosa
Clasificación científica
Reino: Chromalveolata
Filo: Heterokontophyta
Clase: Bacillariophyceae
Orde: Pennales
Suborde: Araphidineae
Familia: Fragilariaceae
Xénero: Asterionella
Hassall (1850)
Especies

ver texto

Asterionella é un xénero de diatomeas pennadas de auga doce. Forman con frecuencia colonias con forma estrelada. Clasifícanse tradicionalmente na orde Pennales, ou noutras clasificacións no grupo das Fragilariophyceae (pennadas sen rafe).

DescriciónEditar

O tamaño celular medio dun individuo de Asterionella está entre 60 e 80 micrómetros de longo por de 2 a 4 micrómetos de largo. Forma colonias que xeralmente constan de oito células, pero que poden chegar a 20. As células da colonia están unidas polo ápice por material extracelular. Polo modo en que as células están unidas entre si, as colonias adoitan tomar forma estrelada ou de cadea en espiral.

ReproduciónEditar

O esqueleto ou envoltura silícica da célula desta diatomea (a denominada frústula) consta dunha epiteca e unha hipoteca. A hipoteca é lixeiramente menor que a epiteca. Durante a reprodución sexual ambas as metades ou tecas forman as epitecas das novas células fillas e cada unha desas células produce a súa propia hipoteca, polo que as células fillas sempre son menores que a célula orixinal. Para recuperar o seu tamaño orixinal asúmese que as diatomeas se reproducen sexualmente, pero isto non foi aínda observado en especies estudadas de Asterionella como A. fermosa. Porén, pode haber outros modos de rexuvenecerse neste xénero.[1]

EcoloxíaEditar

A especie Asterionella formosa é susceptible ao fungo quitridiomicota Zygorhizidium planktonicum.[2][3] Se un destes fungos se une a unha célula de Asterionella, esta, realiza apoptose (morte ou suicidio celular), o que protexe a outras células do seu xénero ao evitar a propagación do parasito. Isto denomínase reacción hipersensible.[4] Asterionella non ten medios propios de locomoción, polo que probablemente o organismo se distribúe por influencia dunha combinación de efectos das correntes e da gravidade.

Especies destacadasEditar

A. bleakeleyi
A. formosa
A. gracillima
A. glacialis
A. japonica
A. kariana

NotasEditar

  1. Genetic variation in Asterionella formosa: is it linked to frequent epidemic of host-specific parasitic fungus?, De Bruin et al. 2004, J.Phycology. 40p823-830. doi 10.1111/j.1529-8817.2004.04006.x
  2. Maier, Michelle A.; peterson, Tawyna D. (Oct 2014). "Observations of a Diatom Chytrid Parasite in the Lower Columbia River". Northwest Science 88 (3): 234-245. doi:10.3955/046.088.0306. 
  3. Host parasite interactions between freshwater phytoplankton and chytrid fungi (Chritridiomycota), Ibelings et al. 2004, J.Phycology. 40p437-453. doi 10.1111/j.1529-8817.2004.03117.x
  4. The Existence of a Hypersensitive Reaction in the Planktonic Diatom Asterionella Formosa, Cantor et al. 1978, New Phytologist. 82p187-206.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar