Fragilariophyceae

Fragilariophyceae é un grupo das diatomeas pennadas sen rafe[1]. Son de células alongadas con, polo común, simétricas en cando menos dous planos, un dos cales é o plano pervalvar. O padrón de estrías é bilateral, orientado ao longo da costa (o esternum), pero sempre sen rafe. Poden ter costas e septas e sempre presentan rimopórtulos[2].

Moitos xéneros dentro desta clase teñen moitos plastidios pequenos e discoidais por debaixo da cuberta da valva; aínda que algúns teñen só un ou dous ou moi poucos. Algúns xéneros teñen filas de pequenas espiñas na unión da cara da valva e o manto, o que lle permite as células que se emparellan formar colonias filamentosas. Porén algúns taxons tamén forman colonias en zig-zag ou colonias estelares ao segregaren mucus a través de poros apicais ou clústers radiais[2].

Notas editar

  1. "Fragilariophyceae". NCBI Taxonomy Browser (en castelán). Consultado o 17 de decembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Common Freshwater Diatoms of Britain and Ireland" (en inglés). (require subscrición (?)). 

 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.