Asphodelus fistulosus

especie de planta

O Asphodelus fistulosus é unha planta pertencente o xénero Asphodelus.

Distribución editar

Esténdese por toda a Península Ibérica, mais é especialmente abondosa no Mediterráneo, incluídas as principais illas e costas[1]. Chega ata Asia, estendéndose dende Xordania, Turquía ou Líbano ata a península arábiga. Debido á súa adaptabilidade ten ampliado o seu rango de distribución. Coma no oeste e centro de Europa (onde é considerada invasora) e mesmo os Estados Unidos, América Latina, Australia e Nova Zelandia.[1]

Características editar

Estabñécese en lugares degradados pola actividade humana, coma en cunetas, vertedoiros ou beiras de camiños. É moi resistente ás secas e evita as sombras. Pode alcanzar os 70 cm de altura[1]. Conta cun alto contido en asfodelina e en asfodelósido[1]. Estas tóxinas son unicamente soportadas polos porcos, polo que o resto dos animais non se alimentan dela[1].

Referencias editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 J. Ramón Gómez. (03.2016). "La valerosa gamonita". Quercus 361.