Asociación de Internautas

asociación de usuarios de internet

A Asociación de Internautas é unha organización de usuarios de internet e telecomunicacións de España, fundada o 10 de outubro de 1998 a partir de varias organizacións: Fronteras Electrónicas-FrEE, Grupo Tarifa Plana, Plataforma La Huelga, Plataforma Tarifa Plana co obxectivo de acadar unha tarifa plana universal e accesible para o uso da rede telefónica básica nas comunicacións e conexións a Internet ou de calquera outra rede de similares características, existente ou que se puidese crear.

Nas súas orixes o obxectivo era acadar que primeiramente Telefónica, como operador dominante, ofrecese un prezo fixo para conectarse a internet. Unha cota que non dependese do tempo de conexión como se estaba facer ata entón en que se cobraba por minuto de conexión, como as chamadas telefónicas de voz. A chegada de outros operadores ao mercado fixo que esta reivindicación se ampliase e a popularización do uso de internet levou á Asociación de Internautas á defensa dos intereses dos usuarios de internet fronte a organizacións de dereitos de autor como a SGAE.

NotasEditar