Asociación Galega de Deseño

asociación que agrupa a profesionais do deseño de Galicia

A Asociación Galega de Deseño, DAG, é unha organización sen ánimo de lucro fundada en 2006 que agrupa profesionais do deseño de Galicia. Abrangue moitas ramas do deseño, tales como o deseño gráfico e web, o deseño UX/UI, o deseño industrial, o deseño editorial, o deseño estratéxico ou o deseño de servizos.[1]

Asociación Galega de Deseño
TipoSen ánimo de lucro.
PropósitoPromover o deseño galego.
Data de fundación2006
Director/aXosé García
EnGalicia
PaísEspaña
Na rede
https://dag.gal/
editar datos en Wikidata ]

A súa actividade consiste en impulsar o deseño en Galicia, facer divulgación e incluír o deseño dentro do tecido empresarial galego. Tamén reivindica a importancia do deseño no mundo empresarial actual e crea canles de comunicación entre os profesionais e os estudantes das escolas de deseño.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Que é a DAG?". dag.gal. Consultado o 2024.