Asemblea de Galicia

A Asemblea de Galicia ou Asemblea Galiciana (en ucraíno: Галицька Асамблея ) foi a asemblea parlamentaria referida ao territorio centroeuropeo de Galicia en 1991. En certas linguas pode ser precisa unha desambiguación co Parlamento de Galicia ou con parlamentos históricos en Lyiv (como o Sejm ou Sojm de Galicia: Galician Sejm, Sejm Galicyjski, Sejm Krajowy, Galician Diet, etc.)[1].

Historia editar

 
Vyacheslav Chornovol, un dos iniciadores da Asemblea Galiciana
 
Palacio da Ópera de Lyiv, lugar de celebración da Asemblea.

A Asemblea foi a sesión conxunta dos consellos rexionais do oblast de Lviv, Ternopil e Ivano-Frankivsk o 16 de febreiro de 1991 en Ucraína (naquel momento formaba parte da República Socialista Soviética de Ucraína). A asemblea aprobou un acordo de cooperación entre os tres consellos rexionais nos ámbitos político, económico, científico, humanitario e cultural nun contexto de inestabilidade política na Unión Soviética.

Valoracións editar

A idea da Asemblea foi criticada polo historiador Yaroslav Dashkevich referíndose a unha paixón infantil.

O líder comunista Pyotr Simonenko calificou a Asemblea como "bacilo do separatismo", comentario polo que un dos iniciadores da Asemblea de Galicia, Nikolai Yakovina, se comprometeu a demandar a Simonenko.

O politicólogo Aleksey Garan dixo que non fora creada por unha base xeográfica, senón por atribuírse o "dominio dos demócratas".[2]

Notas editar

  1. "The building of the Galician Sejm today: architecture and its essence". lviv.travel (en inglés). Consultado o 2022-05-14. 
  2. "Галицький сепаратизм?". glavcom.ua (en ucraíno). Consultado o 2022-05-14. 

Véxase tamén editar