En medicina, ascite é o termo empregado para designar á acumulación de fluídos na cavidade do peritoneo, situada na parte abdominal do corpo. É común debido á cirrose hepática e doenzas graves do fígado, e a súa presenza pode esconder outros problemas médicos. O diagnóstico é usualmente feito mediante análises de sangue, unha ecografía do abdome e extracción directa do fluído axudándose dunha agulla (técnica denominada parecentese), que tamén pode ser terapéutica, é dicir, axudar ao baleirado da cavidade do peritoneo. O tratamento pode ser feito con fármacos (diuréticos), paracentese ou outros tratamentos dirixidos á eliminación ou redución no líquido peritoneal en exceso.

Abdome cheo de líquido por acumulación deste na cavidade peritoneal