Ascensor de Iturribide-Zabalbide

ascensor na cidade de Bilbao

Coordenadas: 43°15′18″N 2°54′54″O / 43.254877777778, -2.9148722222222

O ascensor de Iturribide-Zabalbide é un ascensor situado na cidade de Bilbao.

Ascensor na rúa de Iturribide

Historia

editar

Inaugurado polo Concello de Bilbao o 15 de maio de 2015, conecta as rúas Iturribide, á altura do número 91, e Zabalbide, á altura do número 43. A súa instalación permitiu mellorar a accesibilidade entre a zona vella e Santutxu, ao salvar unha pendente de 22 graos. O elevador está inclinado, cunha estética semellante á dun funicular.[1]

A obra enmárcase no Plan Especial de Elementos Mecánicos, xunto con outros catro ascensores en Basurtu, Zorrozgoiti, Otxarkoaga e na Praza do Funicular.[2]

Medios de transporte

editar

Como medio de transporte alternativo, xunto ao ascensor están os accesos á estación de Santutxu do metro de Bilbao.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  1. "Ascensores y rampas" (en castelán). 
  2. "Un ascensor conecta ya Zabalbide e Iturribide". El Correo (en castelán). 16 de maio de 2015. Consultado o 7 de setembro de 2023.