As Ferrarías, A Veiga de Valcarce

As Ferrarías[1] (Las Herrerías de Valcarce en castelán e oficialmente) é unha localidade do concello da Veiga de Valcarce na bisbarra leonesa do Bierzo. Encóntrase situada ao oeste da capital do concello, no val do río Valcarce e a uns 675 metros de altitude. A súa poboación, en 2013, é de trinta e nove habitantes.[2]

Modelo:Xeografía políticaAs Ferrarías, A Veiga de Valcarce
Imaxe

Localización
Mapa
 42°40′15″N 6°58′50″O / 42.670888, -6.980642Coordenadas: 42°40′15″N 6°58′50″O / 42.670888, -6.980642
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de León
MunicipioA Veiga de Valcarce Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Altitude675 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal24526 Editar o valor em Wikidata

Topónimo

editar

O nome de Ferrarías ten a súa orixe, probablemente, nas catro ferrarías que existían na localidade que traballaban con metais da zona. O barrio de Hospital debe o seu nome a un antigo Hospital inglés de peregrinos.

Historia

editar

En 1834, cando se realizou en España a primeira división do territorio nacional en partidos xudiciais, As Ferrarías e Hospital quedaron adscritos ao partido xudicial de Vilafranca do Bierzo.[3] En 1966 suprimiuse o partido xudicial de Vilafranca do Bierzo e pasaron a estar adscritos ao partido xudicial de Ponferrada.

En 1858, As Ferrarías contaban coa categoría de lugar e 283 habitantes mentres que Hospital contaba coa categoría de aldea e 110 habitantes.[4]

Patrimonio

editar

Arquitectura relixiosa

editar

A Igrexa de San Xulián, dunha soa nave, é de estilo barroco-neoclásico e data do século XVIII.

O camiño de Santiago pasa polas Ferrarías. Existe albergue para peregrinos e tamén hai outros aloxamentos, varios restuarantes, bares...

Arquitectura civil

editar

Existe unha ferraría que se atopa nun bo estado de conservación. Dentro do complexo daa ferraría existe un muíño aínda en funcionamento. Na aldea tamén hai unha fragua.

Hai restos dun par de castros: o de Santo Cristovo', onde se poden ver restos tanto de tumbas como óseos, e o de Peredo, situado no Barrio de Hospital, onde se poden ver algúns fosos e restos de parede.

Á entrada da aldea existe unha ponte que data do século XV.

Comunicacións

editar

Estradas

editar

A estrada N-006a é a principal vía de acceso ás Ferrarías de Valcarce e é a que comunica esta localidade coa capital do concello ao que pertence: A Veiga de Valcarce. Outra vía de acceso sobranceira é a estrada LE-4101 que comunica ás Ferrarías coa provincia de Lugo pasando polas localidades da Faba e Arxenteiro. A elas compre engadir as estradas LE-4109 e LE-4102 que comunican As Ferrarías con Lindoso e San Xiao respectivamente.

Autobús

editar

As Ferrarías conta con servizo de autobús operado por Autocares González y de la Riva, entre outras localidades, A Veiga de Valcarce, Vilafranca do Bierzo, Ponferrada, Pedrafita do Cebreiro, Becerreá e Lugo.[5]

Festas

editar

As festas patronais son en honra de Santiago e Santa Ana.

  1. Gómez Bautista, Alberto. Toponimia do Baixo Bierzo e Os Ancares Orientais. Fala Ceibe. 2004. Ponferrada
  2. Nomenclátor do INE, www.ine.es
  3. Subdivisión en partidos xudiciales da nova división territorial da península e illas adxacentes aprobada por S.M. no Real Decreto do 21 de abril de 1834, Imprenta real, p.123,Madrid
  4. Nomenclátor dos pobos de España formado pola comisión estatística xeral do reino,1858,Imprenta nacional, p.435, Madrid
  5. Concello de Becerreá,Transporte[Ligazón morta]

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar