Arturo Lezcano
Arturo Lezcano Fernández, nado en Ourense o 22 de setembro de 1939 e finado o 17 de xaneiro de 2019[1], foi un xornalista e escritor galego.
Arturo Lezcano | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 22 de setembro de 1939 |
Ourense | |
Falecemento | 17 de xaneiro de 2019 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor |
Fillos | cinco |
Xéneros | Narrativa e ensaio |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Comezou estudos de dereito, pero antes de rematalos iniciou a súa carreira profesional como xornalista en La Región, Foi redactor xefe e director de Ferrol Diario, cidade á que se trasladou na década dos setenta, e posteriormente traballou en La Voz de Galicia até a súa xubilación. Colaborou habitualmente neste xornal e foi vicepresidente da Fundación Vicente Risco, con sede en Allariz. Como profesional asinou ano tras ano unha columna diaria, exerceu a crítica cinematográfica e mais a literaria, e asemade unha páxina semanal de divulgación do cinema. Paralelamente foi cofundador e secretario dos cine clubs Miño, en Ourense e Zoom, en Ferrol.
ObrasEditar
NarrativaEditar
- Os dados de Deus, 1994, Galaxia.[2]
- Só os mortos soterran seus mortos, 2001, Galaxia.
EnsaioEditar
- Vicente Risco, Xunta de Galicia.
- Risco segundo Risco, Galaxia.
- Ourense, cittá aperta, 1999.
- Unha agonía para unha expresión de seu.
- Ferrol Diario (1969-1981).
- Antón Risco, con nome propio, 2015, Fundación Vicente Risco/Deputación de Ourense.
ConversasEditar
- Risco segundo Risco, 2013, Galaxia.
Obras colectivasEditar
- Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega, 1993, Galaxia. Coordinado por Antón Risco.
- Para ler a Vicente Risco, 1997, Galaxia. Con Carlos Casares e Antón Risco.
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
NotasEditar
- ↑ Chío do 18 de xaneiro de 2019 da conta da Fundación Vicente Risco no que se remite á necrolóxica.
- ↑ Incluído, co número 92, na Biblioteca Galega 120.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- "Lezcano Fernández, Arturo". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 226.
- "Lezcano Fernández, Arturo". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Lezcano Fernández, Arturo". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 318. ISBN 84-8064-113-4.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 629. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
Ligazóns externasEditar
- Arturo Lezcano na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.