Articulación atlanto-occipital
A articulación atlanto-occipital é a articulación entre o óso occipital do cranio e a primeira vértebra cervical ou atlas, que consiste en dúas articulacións condiloides. Os cóndilos occipitais articúlanse coas caras articulares superiores do atlas.[1] Esta articulación é unha articulación sinovial.
Ligamentos
editarOs ligamentos que conectan os ósos son:
- Dúas cápsulas articulares
- Membrana atlanto-occipital posterior, une a parte posterior do bordo do orificio occipital maior co arco posterior do atlas.
- Membrana atlanto-occipital anterior, une a parte anterior bordo do orificio occipital maior co arco anterior do atlas.[1]
Movementos
editarOs movementos permitidos nesta articulación son:
- flexión e extensión arredor do eixe mediolateral, que dá lugar os movementos ordinarios de inclinación cara a adiante e atrás da cabeza.
- lixeiro movemento lateral ou lateroflexión, a un lado e outro arredor do eixe anteroposterior.
Non existe rotación entre o occipital e o atlas senón un pequeno deslizamento dos cóndilos occipitais sobre as caras articulares do atlas.[1]
A flexión prodúcese principalmente pola acción dos músculos longo da cabeza e rectos da cabeza anteriores; a extensión pola do recto da cabeza posterior maior e menor, o oblicuo da cabeza superor, o semiespiñoso da cabeza, esplenio da cabeza, esternocleidomastoideo, e as fibras superiores do trapecio.
Os rectos laterais son responsables do movemento lateral, axudados polo trapecio, esplenio da cabeza, semiespiñoso da cabeza e esternocleidomastoideo do mesmo lado, que actúan todos conxuntamente.
Galería
editar-
Óso occipital. Superficie externa.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 G. J. Romanes. Cunninham. Tratado de Anatomía. Interamericana-McGrow Hil. 12ª edición (1987). Páxinas 232-233. ISBN 84-7605-359-2.
Gray's Anatomy (1918) 20ª edición. Texto en dominio público incorporado ao artigo.