Arterias dorsais do metacarpo

As arterias dorsais do metacarpo son un conxunto de arterias que vascularizan a parte dorsal ou posterior do metacarpo. Derivan do arco arterial dorsal do carpo e discorren entre os músculos interóseos dorsais ata dividirse nas arterias dorsais dos dedos da man. Preto da súa orixe, anastomósanse co arco palmar arterial fondo a través de arterias que atravesan a man. Tamén están conectadas coas arterias dixitais palmares comúns.

Arterias do membro superior

A primeira arteria dorsal do metacarpo adoita ser de maior tamaño e xorde directamente da arteria radial.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.