Arteria colateral interna do dedo polgar da man
A arteria colateral interna do polgar ou arteria principal do polgar é unha arteria do membro superior, que abastece de sangue o dedo polgar. Deriva da arteria radial, cando esta vira cara a parte fonda e interna da man. Discorre entre os músculos interóseos dorsais da man e o músculo adutor do polgar, pasando pola superficie interna do primeiro óso metacarpiano e pola base da falanxe proximal do dedo polgar. Neste punto, xunto ao músculo flexor longo do polgar, divídese en dous, que á altura da falanxe distal, forma un pequeno arco, que abastece de sangue os tecidos da área.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e7/Gray528.png/200px-Gray528.png)
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.