Arteria circunflexa umeral anterior

A arteria circunflexa umeral anterior é unha arteria do membro superior humano, pertencente á axila. É unha rama colateral da arteria axilar. Orixínase na superficie lateral do terceiro segmento da arteria axilar. Esténdese pola zona anterior do pescozo cirúrxico do úmero e anastomósase coa arteria circunflexa umeral posterior. A circunflexa umeral anterior dá diversas ramas para abastecer a articulación glenoumeral e a cabeza umeral.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)