Arquivo Xeral de Simancas
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2015.) |
O Arquivo Xeral de Simancas comezou a funcionar en 1540 como arquivo xeral da Coroa de Castela por orde de Filipe II, instalado no castelo de Simancas na provincia de Valladolid.
Arquivo Xeral de Simancas | ||||
---|---|---|---|---|
![]() Castelo de Simancas, edificio que alberga o arquivo. | ||||
Tipo | arquivo ![]() | |||
Sede | Castelo de Simancas ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de Valladolid | |||
Concello | Simancas ![]() | |||
Localización | Simancas ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1540 ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben de Interese Cultural | ||||
Data | 10 de novembro de 1997 | |||
Identificador | RI-AR-0000010 | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | culturaydeporte.gob.es… ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Dotado dun dos primeiros regulamentos de arquivos do mundo (1588), funcionou como arquivo corrente da monarquía española ata 1844 ao se converter en arquivo histórico, para uso de historiadores e investigadores e establecerse o arquivo corrente a Alcalá de Henares. Conserva entre 50 e 60 millóns de documentos, o que o converte nun dos principais arquivos históricos do mundo.
O Arquivo Xeral de Simancas conta con arquiveiros asignados desde o seu comezo, a familia Ayala desempeñou o cargo ininterrompidamente desde Diego de Ayala no século XVI ata Manuel de la Cruz Ayala y Rosales no comezo do século XIX. Durante a Guerra de Independencia o castelo serviu como cuartel das tropas francesas e deixou momentaneamente de prestar servizo o arquivo, o estrago para os fondos foi considerable e produciuse tamén roubo de documentación.
Manuel Murguía foi o seu director de 1869 a 1870 porén o seu enfrontamento co anterior xefe, Francisco Díaz Sánchez, levará ao seu traslado a Galicia.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arquivo Xeral de Simancas ![]() |