Archaeognatha

Pedetontus unimaculatus, un Machiloidea
Estado de conservación
Non avaliado
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Hexapoda
Clase: Insecta
Orde: Archaeognatha
Börner, 1904
subordes

Os arqueógnatos (Archaeognatha), do grego αρχαιος archaeos, 'antigo' e γναθος gnathos, 'mandíbula', son unha primitiva orde de insectos carentes de ás (do grupo parafilético dos apterigotos), ectógnatos (con pezas bucais externas), de forma alongada, con tres cercos ("colas") no extremo do abdome e o corpo cuberto de escamas con reflexos metálicos. Describíronse unhas 350 especies. Son un dos grupos de insectos que menos cambios evolutivos sufriu desde a súa aparición no Devoniano, hai 390 millóns de anos.[1]

Segundo as clasificacións actuais,[1] as antigas ordes Monura e Microcoryphia deben agruparse na orde Archaeognatha, como mostra o seguinte cladograma:

Insecta
Archaeognatha
___

Machiloidea

Monura 

Zygentoma (obsoleto: Thysanura)

Pterygota

Por razóns históricas un nome alternativo para a orde Archaeognatha é Microcoryphia.[2]

  1. 1,0 1,1 "Tree of Life, Archaeognatha". Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2018. Consultado o 06 de xullo de 2018. 
  2. Timothy J. Gibb (27 October 2014). Contemporary Insect Diagnostics: The Art and Science of Practical Entomology. Academic Press. pp. 78–. ISBN 978-0-12-404692-4. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar