Arisaig (Arasaig en gaélico escocés) é unha pequena viliña escocesa, na costa occidental da Terra Alta.

Pequena praia nas proximidades de Arisaig

Pertencente ao concello de Lochaber, é unha pequena vila de carácter turístico, con 253 habitantes (2000) e situada no camiño de dúas importantes rotas de visitantes: a estrada das Illas (A830) e o tren, que unen Fort William con Mallaig. Ten unhas pequenas praias e liñas de ferri que levan ás illas de Eigg, Muck e Rùm. Tamén é importante a pesca.

Emigrantes de Arisaig fundaron outra cidade de nome Arisaig no Canadá.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar