Argumento ad nauseam
Un argumento ad nauseam, ou argumentum ad nauseam, é unha falacia na que unha afirmación é reiteradamente prolongada por unha ou máis persoas.[1] A apelación a este argumento implica que unha das partes incita a unha discusión superflua para escapar de razoamentos que non se poden contrarrestar, reiterando aspectos previamente comentados, explicados ou desmentidos.[2]
Termo
editarA expresión ad nauseam é unha locución latina empregada para describir un debate que se prolonga até que unha das partes o abandona por cansazo;[2] a frase alude a algo que continúa até chegar —en sentido figurado— ao punto de producir náuseas.[3] Por exemplo, "Este asunto foi discutido ad nauseam": significa que se discutiu tanto que polo menos unha das partes xa se fartou.
Funcionamento
editarÉ un mecanismo común para reforzar lendas urbanas ou teorías conspirativas, repetindo afirmacións verdadeiras ou falsas até que se asentan como parte das crenzas dun individuo ou sociedade, converténdoas en "verdades incontestables".[4]
A súa estrutura funciona do seguinte xeito:
- A afirma B.
- B repítese constantemente na conversa.
- Polo tanto, B acaba converténdose en verdadeira.
Esta falacia provén da falsa crenza de que se alguén se enfada ou dedica tantas enerxías á repetición dunha mensaxe, é porque debe ser máis veraz que a doutro que non se molesta ou pode refutala.
Uso en política
editarEstudos dos anos 70 afirman que a repetición dunha afirmación pode xerar falsos recordos.[5]
Isto pódese observar no debate político, no que o uso desta técnica está presente nos parlamentos de todos os estados democráticos, no que, sumado á reiteración anterior e á negación da discusión, fai que a falsa crenza sexa socialmente aceptada como «verdadeira» sen ningunha análise crítica por parte do individuo xa que a reiteración desa falsidade na súa contorna fai que o individuo a acepte co suposto de que non existe posibilidade de anular esa crenza. Como advertencia contra isto, a cita atribuída ao ideólogo nazi Joseph Goebbels é usada a miúdo: "Unha mentira repetida con suficiente frecuencia eventualmente convírtese na verdade" ou "unha mentira repetida mil veces convértese en verdade".[6][7]
Notas
editar- ↑ Kuran, Timur (1997). Leben in Lüge: Präferenzverfälschungen und ihre gesellschaftlichen Folgen (en alemán). Mohr Siebeck. p. 462. ISBN 978-316-146-424-9.
- ↑ 2,0 2,1 Schleichert, Hubert (2001). Wie man mit Fundamentalisten diskutiert, ohne den Verstand zu verlieren (en alemán). C.H.Beck. p. 196. ISBN 978-340-642-144-0.
- ↑ Ehrlich, Eugene (1985). Amo, Amas, Amat and More (en inglés). Nueva York: Harper & Row, Publishers.
- ↑ Francisco José, Sánchez (2010). "Paralogismos y sofismas del discurso político español. La falacia en un corpus de debates parlamentarios" (33): 271–290. ISSN 0210-8178.
- ↑ "Making up History: False Memories of Fake News Stories". web.archive.org (abstract arquivado en Wayback Machine) (en inglés). Archived from the original on 31-12-2016. Consultado o 06-06-2022.
- ↑ "Cómo los mentirosos crean una ilusión de verdad y cómo evitar caer en su trampa". BBC News Mundo (en castelán). Consultado o 2022-06-06.
- ↑ Trula, Esther Miguel (2019-12-02). "Goebbels tenía razón: la ilusión de verdad explica por qué una mentira repetida nos acaba pareciendo verdad". Magnet (en castelán). Consultado o 2022-06-06.
Véxase tamén
editar- Lista de prexuízos cognitivos
- Argumento ad baculum
- Argumentum ad populum - Falacia de apelación á popularidade
- Efecto arrastre
- Falacia
- Lista de falacias
- Sealioning