O argazo bravo[1] é unha alga mariña do grupo das algas pardas, abundante na costa europea do océano Atlántico.

O bulbo do argazo bravo sérvelle para se suxeitar ás rochas.

Nalgunhas partes da costa galega recibe o nome de golfo, denominación dada en xeral tamén á Laminaria digitata, coa que pode ser confundida.

Características editar

É unha alga de cor castaña amarelenta que pode chegar a ser moi grande, de até 2,5 m. de longo. Posúe un bulbo grande e oco recuberto de papilas co que se suxeita ás rochas. Do bulbo parte un estipe plano e fibroso ondulado e helicoidal no comezo, e que se alarga no seu remate para formar unha lámina coriácea, a cal se divide en numerosas lacinias que semellan follas ou ramallos.

Vive na costa exposta ou semiexposta, formando grandes bosques submarinos. En Galicia é frecuente atopala de marzo a novembro botada polas ondas nas praias, formando argazo.

Uso editar

Úsase como alternativa (de peor calidade) ás algas da familia das Laminarias, para obter alxinatos.[2] Tamén é usada na agricultura tradicional como valume. Non se usa como alimento humano directo.

Notas editar

  1. En moitas zonas coñécese como golfo, forma utilizada tamén para designar a Laminaria digitata. Argazo bravo é o nome comercial: [1] Arquivado 23 de decembro de 2009 en Wayback Machine.
  2. Bárbara, I.; Cremades, J. (1993). Guía de las algas del litoral gallego. A Coruña: Concello da Coruña - Casa das Ciencias (en castelán).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar