Arde amor
filme de 1999 dirixido por Raúl Veiga
Arde amor é unha película galega dirixida por Raúl Veiga no ano 1999.
Arde amor | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Arde amor |
Director | Raúl Veiga |
Guión | Raúl Veiga |
Intérpretes | Rosana Pastor (Modia), Sergi López Ayats (Luis), Chete Lera (Ranxel), María Bouzas (Rosa), Miguel Pernas (Lucio), Isabel Vallejo (camarera), Paco Lodeiro (encargado). |
Música | Carles Casas |
Fotografía | Juan Carlos Gómez |
Montaxe | Guillermo Represa |
Distribuidora | Filmax |
Estrea | 1999 |
Duración | 90 minutos |
Orixe | ![]() |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Argumento
editarUnha parella, Lucio (Miguel Pernas) e Rosa (María Bouzas), remata coas súas vidas a consecuencia dun pacto de morte; Ranxel (Chete Lera), amigo de Lucio, non o dá evitado. A traxedia conmociona a Luís (Sergi López) e Modia (Rosana Pastor), os anteriores amantes de Rosa e Lucio. Despois de moito tempo sen se veren, Luís procura a Modia para que lle axude a entender toda a traxedia.[1]
Proxección
editarO filme recibiu os seguintes premios e distincións[2]:
- Premio á mellor actriz (Rosana Pastor) na XX Mostra Cinema del Mediterrani (1999), festival recoñecido pola F.I.A.P.F.
- Premio na categoría “low-budget” na WorldFest Flagstaff de Arizona (1999).
- Gran Premio do Xurado á mellor película estranxeira no Bare Bones Film Festival de Oklahoma (2000).
- Premio AGAPI 2000 ao mellor guión.
- Premio AGAPI 2000 á mellor montaxe.
- Premio AGAPI 2000 á mellor produción.
Arde amor foi seleccionado tamén, entre outros, para os seguintes festivais internacionais:
- Fort Lauderdale International Film Festival 1999 (competición oficial “foreign film”).
- XX Festival Internacional de Cine de Porto/Fantasporto 2000 (competición oficial “Semana dos realizadores”), festival recoñecido pola F.I.A.P.F.
- New York International Independent Film & Video Festival 2000.
Notas
editar- ↑ "Arde amor". 20minutos.es. Consultado o 08/09/2017.
- ↑ "Raúl Veiga presenta su «Arde amor» en las salas comerciales del resto de España". La Voz de Galicia. Consultado o 12/01/2020.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- "Arde amor". labutaca.net (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2012. Consultado o 08 de setembro de 2017.