O arco capaz é o lugar xeométrico dos puntos desde os que un segmento «se ve» co mesmo ángulo, é dicir, o lugar xeométrico dos vértices dos ángulos que teñen a mesma amplitude. O arco capaz de ángulo dun segmento é o lugar xeométrico dos puntos P tales que e son exclusivamente dous arcos de circunferencia, un a cada lado do segmento , ambos os puntos inclúense unindo ditos arcos.

Arco capaz de ángulo do segmento .
Arco capaz do ángulo de 90º

O arco capaz con ángulo igual a 90º corresponde co segundo teorema de Tales, de tal xeito que o arco capaz é a circunferencia cuxo diámetro é o segmento .

Construción do arco capaz

editar
 
Construción do arco capaz respecto do segmento  , de ángulo .

Para construír o arco capaz de ángulo   do segmento  , en delineación, empézase pola construción da mediatriz do segmento   que é onde están os posibles centros   do arco capaz  .

Primeira alternativa

Constrúese o ángulo   no punto   sobre o segmento  , e logo cunha escuadra trázase unha perpendicular por   ao novo lado do ángulo que incide no punto   sobre a mediatriz.

Segunda alternativa

Constrúese o ángulo en calquera punto da mediatriz, e mediante unha paralela ao novo lado do ángulo que pase polo punto  , obtense o punto   sobre a mediatriz.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar