Archana Soreng
Archana Soreng, nada en 1996, é unha activista ambiental pertencente á tribo indíxena Kharia da aldea Bihabandh de Rajgangpur en Sundergarh, Odisha, India.[1] Traballou pola concienciación sobre o cambio climático e a documentación, preservación e promoción dos coñecementos e prácticas tradicionais das comunidades indíxenas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1996 (27/28 anos) Rajagangapur, India (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | India |
Educación | Tata Institute of Social Sciences (en) - mestría en artes Patna Women's College (en) - ciencia política |
Actividade | |
Ocupación | activista climática , ecoloxista |
Soreng foi seleccionada como unha do sete membros do Grupo Asesor Xuvenil sobre Cambio Climático establecido polo Secretario Xeral das Nacións Unidas como parte da Estratexia Xuvenil da ONU.[2][3][4][5][6][7][8]
Traxectoria editar
Soregn é da tribo Khadia e creceu en Rajgangpur no distrito Sundargarh de Odisha.[9] Comezou a involucrarse no activismo despois da morte do seu pai.[10]Ao longo da súa vida participou activamente no Movemento Xuvenil Católico Indio.[11]
Tamén é a expresidenta do sindicato de estudantes TISS. Tamén é a ex Coordinadora Nacional da Comisión Tribal, tamén coñecida como Adivasi Yuva Chetna Manch, unha das áreas de pulo da All India Catholic University Federation (AICUF).[9] Actualmente, traballa como investigadora en Vasundhara Odisha. Vasundhara é unha organización de investigación-acción e defensa de políticas en Bhubaneswar que traballa na gobernanza dos recursos naturais, os dereitos tribais e a xustiza climática.
Notas editar
- ↑ Bhattacharya, Amava (2020-08-25). "Tribal communities must be made stakeholders in post-Covid world: Archana Soreng | Bhubaneswar News - Times of India" (en inglés). Consultado o 18 de novembro de 2020.
- ↑ "Archana Soreng Joins UN Youth Advisory Group On Climate Change" (en inglés). 07 de agosto de 2020. Consultado o 8 de novembro de 2020.
- ↑ "Activist Archana Soreng in UN Chief's New Youth Advisory Group on Climate Change". Consultado o 20 de agosto de 2020.
- ↑ Arora, Sumit. "Archana Soreng named by UN chief to new advisory group" (en inglés). Consultado o 18 de novembro de 2020.
- ↑ "Meet Archana Soreng - Indian activist named by UN chief to new advisory group on climate change" (en inglés). Consultado o 18 de novembro de 2020.
- ↑ "First Odia Girl to be Named Into New Advisory Group On Climate Change" (en inglés). 29 de xullo de 2020. Consultado o 18 de novembro de 2020.
- ↑ "When Adivasis Feel Secure, They Will Be Able To Enjoy Freedom: Climate Activist Archana Soreng" (en inglés). 14 de agosto de 2020. Consultado o 18 de novembro de 2020.
- ↑ "Young Indian Activist Archana Soreng Becomes Part of UN Advisory Group on Climate Change" (en inglés). 28 de xullo de 2020. Consultado o 18 de novembro de 2020.
- ↑ 9,0 9,1 "Archana Soreng: Warrior For Climate Change" (en inglés). Consultado o 27 de agosto de 2020.
- ↑ "Tribal communities must be made stakeholders in post-Covid world: Archana Soreng | Bhubaneswar News - Times of India" (en inglés). Consultado o 27 de agosto de 2020.
- ↑ "UN appoints Indian Archana Soreng to Youth Advisory Group on Climate Change - Vatican News" (en inglés). 31 de xullo de 2020. Consultado o 27 de agosto de 2020.