Arcangelo Scacchi
Arcangelo Scacchi, nado en Gravina di Puglia o 10 de febreiro de 1810 e finado o 11 de outubro de 1893 en Nápoles,[1] foi un xeólogo, mineraloxista e vulcanólogo italiano.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de febreiro de 1810 Gravina in Puglia, Italia (pt) |
Morte | 11 de outubro de 1893 (83 anos) Nápoles, Italia |
Senador do Reino de Italia | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Nápoles Frederico II |
Actividade | |
Ocupación | mineraloxista, profesor universitario, xeólogo, político |
Membro de | |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC |
Traxectoria
editarFormación e carreira
editarIniciou os seus estudos frecuentando os seminarios de Bari e de Gravina: o 1 de outubro de 1827 iniciou en Nápoles os estudos de medicina, que terminou, obtendo a licenciatura en 1831. Pouco despois da licenciatura dedicouse a outros intereses e aplicouse ás ciencias naturais. Foi alumno de Matteo Tondi e de Teodoro Monticelli, secretario perpetuo da Real Academia das Ciencias de Nápoles, que lle mostrou especial benevolencia, poñendo a súa disposición a súa propia colección de minerais e de fósiles. En setembro de 1841 foi nomeado axudante para a demostración dos obxectos na cátedra de mineraloxía da Universidade Rexia de Nápoles e o 1 de agosto de 1844 foi nomeado profesor de mineraloxía e director do Museo de mineraloxía de Nápoles, cargo que desempeñou ata 1891, cando foi nomeado profesor emérito.[3]
En 1861 foi nomeado senador vitalicio do Reino de Italia.[1]
Foi reitor da Universidade de Nápoles de 1865 a 1867 e de 1875 a 1877.[3]
En 1875 foi socio nacional da Accademia dei Lincei.[3]
Finou en Nápoles o 11 de outubro de 1893.[3]
Estudos e investigacións
editarOs primeiros traballos de Scacchi foron sobre conquioloxía coa redacción do Catalogus Conchyliorum Regni neapolitani[4] (Catálogo das cunchas do Reino napolitano) de 1836, e de Notizie geologiche sulle conchiglie che si trovan fossili nell’isola d’Ischia e lungo la spiaggia tra Pozzuoli e Monte Nuovo (Noticias sobre as cunchas que se atopan na illa de Ischia e ao longo da praia entre Pozzuoli e Monte Nuovo) de 1841.[5]
Seguidamente, ocupouse case exclusivamente en investigacións no campo da cristalografía, da mineraloxía e da vulcanoloxía, con particular referencia á descrición da morfoloxía e da xénese dos minerais presentes no Vesuvio.[6]
No campo da cristalografía foi o descubridor da clase pedial e da poliedría das caras.
Foi o descubridor dalgunhas novas rochas e minerais, como a scacchita[7] ou a nocerita.[8] Durante os seus estudos sobre cunchas describiu algunhas especies de moluscos.[9]
Obra
editarO catálogo completo das obras de Scacchi foi compilado en 1891 polo mesmo autor. Está reproducido na necrolóxica publicada en 1894 en Giornale di mineralogia, cristallografia e petrografia.[10]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Ficha no Senado de Italia Arquivado 25 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.(en italiano)
- ↑ Entrada "Scacchi, Arcangelo" na Enciclopedia Treccani(en italiano)
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Arcangelo Scacchi en Dizionario biografico degli italiani, Istituto dell'Enciclopedia Italiana. (en italiano)
- ↑ Recensión do libro Catalogus Conchylorum...
- ↑ L’opera malacologica di Arcangelo Scacchi (1810-1893). Parte II: rassegna critica dei taxa scacchiani. Massimo Cretella, Cinzia Crovato, Paolo Crovato, Giuseppe Fasulo & Francesco Toscano.
- ↑ Obras de Scacchi en Google Books
- ↑ Scacchite en Mindat (Scacchi (1855) Mem. Incend. Vesuv.: 181 (as protochloruro di Manganese).; (1869) Tableau minéralogique, Paris: 70)
- ↑ Cesare Brisi, Wilhelm Eitel: Nocerite (= Fluoborite) En: American Mineralogist Band 42 (1957), S. 921 (PDF 191,7 kB)
- ↑ Massimo Cretella, Cinzia Crovato, Paolo Crovato, Giuseppe Fasulo & Francesco Toscano L’opera malacologica di Arcangelo Scacchi (1810-1893). Parte II: rassegna critica dei taxa scacchiani.
- ↑ Necrologio con fotografías e catálogo das obras, do Giornale di mineralogia, cristallografia e petrografia, Ulrico Hoepli editore, Vol. V, 1894 (pp. 1-22, on line en Internet Archive) (en italiano)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arcangelo Scacchi |
Ligazóns externas
editar- Arcangelo Scacchi en Treccani.it – Enciclopedie on line, Istituto dell'Enciclopedia Italiana. (en italiano)
- Arcangelo Scacchi en Enciclopedia Italiana, Istituto dell'Enciclopedia Italiana. (en italiano)
- Opere di Arcangelo Scacchi en openMLOL, Horizons Unlimited srl. (en italiano)
- Obras de Arcangelo Scacchi en Open Library, Internet Archive. (en inglés)