Arbelos (en grego ἄρβελος "coitelo de zapateiro") é unha figura xeométrica plana. Tómanse tres puntos A, B e C. Constrúense tres semicírculos con diámetros AB, BC e AC, situados nun lado desta liña. Á figura limitada por estes semicírculos, chámaselle arbelos.

Un coitelo de zapateiro, chamado arbelos en grego.

Propiedades editar

 

Teorema: Dado un arbelos ABC (o punto A atópase entre B e C) e os círculos ω1, ω2 ,..., ωn (n pertence a N), entón, para calquera número natural n a distancia desde o centro do círculo ωn á liña BC é o produto do diámetro da circunferencia por n.