Araíño atlántico

ave palmípede

O araíño atlántico[2] ou arao pequeno[3] (Alle alle) é unha ave palmípede. Vive nas Illas do Ártico, hai dúas subespecies a A. a. alle viven en Groenlandia, Islandia, Nova Zemlbla e Spitzbergen, mentre a A. a. polaris vive na Terra de Francisco Xosé.

Alle alle

Mide 19–21 cm de lonxitude e ten unha envergadura de 34–38 cm. Ten a plumaxe negra, agás o ventre branco e o peteiro é curto. Aliméntanse de peixes, complementándoos con crustáceos e pequenos invertebrados.

Cría en cantís, nos buratos en medio das rochas poñen un único ovo, no inverno migran cara ao sur do Atlántico norte, os temporais fortes do outono poden desvialas máis ao sur do seu territorio habitual, e é nestes casos cando se pode ver nas costas galegas.

Araíño atlántico
  1. BirdLife International (2012). "Alle alle". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 novembro 2013. 
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05. 
  3. "Nomes galegos para as aves ibéricas: Lista completa e comentada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 21 de agosto de 2016. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar