Aporia crataegi

especie de insecto

A Aporia crataegi é unha especie de insecto lepidóptero da familia Pieridae.[1][2]

Descrición editar

O seu aspecto xeral é inconfundible, mostrando unha mancha discoidal de pequeno tamaño sobre un fondo totalmente branco, así como veas de cor negra no macho e pardas na femia.[3] O corpo é de cor gris escuro con antenas en forma de bastonciños.[4] As súas ás son redondeadas e teñen unha envergadura de entre 6 e 8 cm, o que a converte na especie de maior tamaño da súa familia.[4][5] As femias adoitan ser lixeiramente de maior tamaño e presentan nas ás áreas transparentes.[3] As eirugas son grises e peludas, cunha liña de cor negra sobre o dorso e manchas vermellas.[4]

Distribución editar

Está amplamente distribuída, atopándose no norte de África, Oriente Medio e o resto de Asia entre 40 e 70° N até Xapón.[6] En Europa está presente na maior parte do continente, faltando en gran parte de Noruega e Suecia, illas do Atlántico, illas Baleares, Córsega, Sardeña, Creta e outras illas do Exeo, así como nas illas Británicas, lugar este último onde se atopa extinguida.[6]

Comportamento editar

 
Eiruga.

Fase larvaria editar

As eirugas agrúpanse para hibernar, construíndo un niño conxunto.[5] Trala hibernación aliméntanse en pequenos grupos ou por separado.[6] A pupa suxéitase colgando das follas, ou en talos de gramíneas.[5][6]

Período de voo editar

Unha soa xeración (univoltina).[3] No sur de Europa desde mediados de abril a xuño e no norte de Europa desde finais de maio a principios de xullo, aínda que depende da altitude, tempada e localidade.[6]

Alimentación editar

A súa alimentación é diferente á doutras especies parecidas.[5] Aliméntase de árbores froiteiras e espiños, como a ameixeira (Prunus domestica), cerdeira (Prunus avium), pexegueiro (Prunus persica), amendoeira (Prunus amygdalus) e outros como o estripeiro (Crataegus monogyna), a pereira (Pyrus communis) e a maceira (Malus domestica).[4][6]

Notas editar

  1. Bisby F., Roskov Y., Culham A., Orrell T., Nicolson D., Paglinawan L., Bailly N., Appeltans W., Kirk P., Bourgoin T., Baillargeon G., Ouvrard D., eds (2012). "Aporia crataegi ". Species 2000 & ITIS Catalogue of Life, 2012 Annual Checklist (en inglés). Readin, Reino Unido. Consultado o 9 de xullo de 2012. [Ligazón morta]
  2. "Aporia crataegi (Linnaeus, 1758)". www.catalogueoflife.org. Consultado o 2023-11-18. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Córdoba León, J. R., Sesmas Moranas, J. M. y Martín Toral, G. (2006). Mariposas en Libertad (en español). Madrid, España: Publimarca Ediciones. p. 272. ISBN 84-8476-285-8. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Balmer, E. (2009). Mariposas y Polillas (en español). Bath, Reino Unido: Parragon Books. p. 358. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Reichholf-Riehm, H. (1990). Mariposas (en español). Barcelona, España: Ediciones Blume. p. 290. ISBN 84-87535-09-7. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Tolman, T. y Lewington, R. (2002). Guía de las Mariposas de España y Europa (en español) (1ª ed.). Barcelona, España: Lynx Edicions. p. 320. ISBN 84-87334-36-9.