Apolonio de Atenas (orador)

Apolonio (en grego antigo Άπολλώνιος, en latín Apollonius) foi un sofista e orador da antiga Grecia nado en Atenas que viviu na época do emperador Septimio Severo (século II - III).

Infotaula de personaApolonio de Atenas
Biografía

Traxectoria

editar

Foi discípulo de Adriano de Tiro. Ocupou varios altos cargos na súa cidade, onde ensinou retórica, e o emperador nomeouno mestre de retórica e política cun soldo dun talento. Tamén se distinguiu como diplomático e estadista. Filóstrato di del que aínda que falaba con gran dignidade e construía bos períodos, era vehemente e demasiado rítmico[1].

  1. 7.Apollonius of Athens en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 238