Artigo 155 da Constitución española de 1978

O Artigo 155 da Constitución española de 1978 está enmarcado no Título VIII da Carta Magna, sobre a Organización Territorial do Estado Español, dentro do capítulo terceiro das Comunidades Autónomas. O artigo permite ao Goberno de España tomar medidas legais para obrigar ás comunidades autónomas a cumprir as normas e leis constitucionais. Debe ser aprobado polo Senado e só pode ser proposto polo goberno, previo requirimento ao presidente da comunidade autónoma.

O Senado en comisión especial para aplicar o artigo 155.

Artigo

editar
  1. Se unha Comunidade Autónoma non cumprir as obrigas que a Constitución ou outras leis lle impoñan, ou actuar de forma que atente gravemente ao interese xeral de España, o Goberno, previo requirimento ao Presidente da Comunidade Autónoma e, no caso de non ser atendido, coa aprobación por maioría absoluta do Senado, poderá adoptar as medidas necesarias para obrigar a aquela ao cumprimento forzoso de ditas obrigas ou para a protección do mencionado interese xeral.
  2. Para a execución das medidas previstas no apartado anterior, o Goberno poderá dar instrucións a todas as autoridades das Comunidades Autónomas.

Aplicación

editar

O artigo 155 aplicouse en dúas ocasións con distintas medidas:

En febreiro de 1989 o goberno de Felipe González realizou un requirimento ao presidente das Illas Canarias Lorenzo Olarte, por non aplicar as normas contra aranceis de produtos importados da Comunidade Europea. As anteditas normas afectaban ao réxime económico e fiscal das Canarias. O Goberno canario atendeu o requirimento e xa non foi necesario aplicar o artigo.[1][2]

En 2017 a Generalitat de Cataluña convocou o Referendo de autodeterminación de Cataluña​ para o 1 de outubro, declarado ilegal polo Tribunal Supremo. O 10 de outubro o parlamento de Cataluña aprobou a abolición da Constitución española e o Estatuto de autonomía de Cataluña de 2006, e Carles Puigdemont declarou a independencia de Cataluña, declaración suspendida polo propio presidente catalán ao instante. Ao día seguinte, o goberno español requiriu ao presidente catalán que confirmase se declarara a independencia unilateralmente. A resposta enviada por Puigdemont non foi suficientemente clara segundo o Goberno. O 27 de outubro o parlamento catalán aprobou a República Catalá, e ese mesmo día o Senado de España aprobou a aplicación do artigo 155, destituíndo o goberno catalán en pleno, intervindo as súas competencias e convocando eleccións autonómicas para o 21 de decembro[3].

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar