Aphantopus hyperantus

especie de insecto

Aphantopus hyperantus é unha especie de lépidoptero pertencente á familia das Nymphalidae, subfamilia Satyrinae, tribo das Satyrini e xénero Aphantopus do que é único representante en Europa, (Linnaeus, 1758).[1]

Descrición editar

Ocelos con aneis amarelos en s5 e s6, desprazados basalmente, s4 sen ocelo. Os pequenos ocelos negros ás veces están ausentes no macho, pero os ocelos negros rodeados de amarelo e pupilados de branco en número variable resaltan ben no seu dorso. Estes ocelos son probablemente unha evolución contra a predación.[2]

Esta bolboreta é de pequena a mediana, cunha envergadura de 40 a 45 mm.

A eiruga é de cor crema con raias máis ou menos escuras. Ela hiberna despois de que remata o seu crecemento na primavera.

Bioloxía editar

 
Aphantopus hyperantus
 
Aphantopus hyperantus

Período de voo e hibernación editar

O período de voo dos adultos comeza de xuño a final agosto.

Plantas hospedeiras editar

Poa pratensis, Poa nemoralis, Milium effusum; Agrostis capillaris, Agropyron repens, Holcus mollis e Holcus lanatus, Deschampsia cespitosa, Molinia caerulea, Arrhenatherum elatius, Brachypodium sylvaticum e Brachypodium pinnatum, Phleum pratense, Dactylis glomerata, Festuca rubra, Bromus erectus, Bromus hordeaceus, Cynosurus cristatus, Calamagrostis epigejos; Carex hirta, Carex strigosa, Carex brizoides, Carex panicea, Carex sylvatica.

Ecoloxía e distribución editar

É unha bolboreta dos bosques tépedos húmidos onde voa nos claros de bosque onde penetra o sol ou á tardiña. Aprecia as flores das zarzas onde pode verse a miúdo libar. É unha das poucas bolboretas que voa en días nubrados e mesmo con choiva lixeira.

Voa a miúdo con Maniola jurtina cuxas ás son dunha cor parecida ás súas. Pode chegar a voar até os 1600 m de altitude.[3]

Biotopo editar

Ten unha ampla área de distribución: do oeste de Europa até o Xapón, excepto o extremo norte do continente, e nas rexións de clima mediterráneo (atópase, con todo, ao norte de España e ao norte de Grecia). Está ausente no sur de Asia.

Co retroceso dos bosques, arboledas, páramos e claros ou baleiros no monte baixo, os seus hábitats están a diminuír. No entanto, aínda pode atoparse a nivel local e segue sendo bastante xeneralizada en Europa Central.

Notas editar

  1. http://www.asturnatura.com/especie/aphantopus-hyperantus.html, Aphantopus hyperantus
  2. Stevens Martin
  3. Guía de las mariposas de Europa y de África de Norte

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Lionel G. Higgins e Norman D. Riley, Guía de las mariposas de Europa, Lausana, Delachaux e Niestlé, 1988.
  • Michael Chinery e Patrice Leraut, Photoguide de las mariposas de Europa, Delachaux e Niestlé, 1998, 679 p. (ISBN 2-603-01114-6)

Ligazóns externas editar