Ao límite
filme de 2010 dirixido por Martin Campbell
Ao límite (en inglés: Edge of Darkness) é un filme británico-estadounidense dirixido por Martin Campbell que se estreou no 2010. Baséase na serie de televisión da BBC Edge of Darkness. É o primeiro filme no que sae Gibson dende Signs (2002). Estreouse en galego na TVG o 16 de agosto de 2013.
Ao límite | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Edge of Darkness |
Director | Martin Campbell |
Produtor | Graham King Timothy Headington Michael Wearing Bruce Davey (sen acreditar) |
Guión | William Monahan Andrew Bovell |
Baseado en | Edge of Darkness de Troy Kennedy Martin |
Intérpretes | Mel Gibson Ray Winstone Danny Huston Bojana Novakovic |
Música | Howard Shore |
Fotografía | Phil Meheux |
Montaxe | Stuart Baird |
Estudio | GK Films BBC Films Icon Productions |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | Estrea mundial: 28 de xaneiro de 2010 16 de agosto de 2013 (TVG) |
Duración | 117 minutos |
Orixe | Estados Unidos Reino Unido |
Xénero | Suspense |
Orzamento | $80 000 000[1] |
Recadación | $81 124 129 |
Na rede | |
http://www.edge-of-darkness.com/ | |
Sinopse
editarThomas Craven (Mel Gibson) é un veterano investigador do departamento de policía de Boston cuxa filla de 24 anos, Emma (Bojana Novakovic), é asasinada. Ela era unha activista política que aparentemente tiña unha vida secreta. Trala tráxica perda, Thomas decide implicarse na investigación e descobre o sistema corrupto que acabou coa vida da persoa que máis quería.
Personaxes
editar- Mel Gibson como Thomas "Tom" Craven
- Ray Winstone como Darius Jedburgh
- Danny Huston como John "Jack" Bennett
- Bojana Novakovic como Emma Charlotte Craven
- Gabrielle Popa como Emma de nena
- Shawn Roberts como David Burnham
- Jay O. Sanders como Bill Whitehouse
- Caterina Scorsone como Melissa
- Gbenga Akinnagbe como Darcy Jones
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ao límite na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)