Anziliya foi unha cidade do país dos kaska, ao nordeste de Hattusa, non lonxe de Tapikka. Foi conquistada e reconquistada polo rei hitita Suppiluliumas I antes do -1340, probabelmente sen atopar resistencia. Mursilis II estivo na zona sobre o -1320 na súa terceira campaña (cuarto ano de reinado) pero non se di que conquistase a cidade, senón que conquistou os territorios das inmediacións, o que indicaría que permanecía en mans hititas.

Modelo:Xeografía políticaAnziliya

Localización
Mapa
 40°30′11″N 35°46′45″L / 40.503063, 35.779088

Foi fortificada por Muwatallis II sobre o -1300 e cedida ao seu irmán Hattusilis dentro do reino de Hakpis.