O Antonov An-30 (designación OTAN: Clank), é un desenvolvemento do Antonov An-24 deseñado para a cartigrafía aérea.

Antonov An-30
Tipocartografía aérea, transporte e recoñecemento
FabricanteAntonov
Deseñado porBeriev
Primeiro voo21 de agosto de 1967
Introducidoxullo de 1968
Principais usuariosForza Aérea de Ucraína
Forza Aérea de Bulgaria
Forza Aérea de Romanía
Produción1971 - 1980
Unidades construídas123

Desenvolvemento editar

A primeira versión de recoñecemento aéreo do Antonov An-24 foi deseñada por Beriev e designada An-24FK. FK significaba fotokartograficheskiy (mapeo fotográfico).[1] O prototipo tratábase dun An-24A de produción convertido por Beriev en 1966. O An-24FK realizou o seu voo de estrea o 21 de agosto de 1967, coas probas de aceptación do estado completadas en 1970 e a certificación civil conseguida en 1974. Redesignado An-30, a produción comezou en 1971 na factoría de Antonov.[2] Fabricáronse 123 An-30 de produción entre 1971 e 1980 en Kíiv en dúas versións principais.[3]

Notas editar

  1. Gordon, Komissarov e Komissarov 2003, p. 73
  2. Gordon, Komissarov e Komissarov 2003, p. 75
  3. Gunston 1995, p. 31

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gordon, Yefim; Komissarov, Dmitriy; Komissarov, Sergey (2003). Antonov's Turboprop Twins. Hinckley, UK: Midland Publishing. ISBN 1-85780-153-9. 
  • Gunston, Bill (1995). The Osprey Encyclopedia of Russian Aircraft 1875 – 1995. Londres: Osprey Aerospace. ISBN 1-85532-405-9.