Antonio de Viana

historiador, médico e poeta canario

Antonio de Viana, nada en La Laguna, Tenerife en 1578 e finado en 1650?, foi un historiador, médico e poeta canario. Estudou en Sevilla a Licenciatura de Medicina, que rematou en 1606. É posiblemente nesta cidade onde coñeceu a Lope de Vega.

Infotaula de personaAntonio de Viana

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1578 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
San Cristóbal de La Laguna Editar o valor em Wikidata
Morte1650 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Sevilla Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria, medicina e poesía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmédico , escritor , historiador , poeta Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Dende 1607 prestou os seus servizos ó Cabido de Tenerife para levar a cabo a atención dos doentes do hospital. Tamén en Sevilla ocupou a praza de médico cirurxián do Hospital do Cardeal. En 1630, ante o notable aumento da súa fama, os seus contemporáneos tinerfeños conseguiron convencelo e levalo novamente á illa, co seu antigo cargo. En 1633, trasladouse ás Palmas, onde exerceu gran parte da súa profesión. Foi médico do bispo Charangas, elevando aínda máis a súa reputación entre membros de tribunais e altas personalidades doutros órganos que daquela residían na cidade grancanaria.

En canto á súa faceta de historiador e poeta achácaselle que nos seus escritos inventara parte dos nomes guanches que aparecen.[1] Viera y Clavijo tamén se baseou nalgúns dos escritos do poeta Viana para parte da Historia de Canarias, co consecuente erro na denominación dos nomes aborixes que perduraron até o noso tempo.[2]

Obras editar

  • Antigüedades de las Islas Afortunadas(1604), poesía de gran valor que achega unha importante información sobre costumes, etnografía e linguas.
  • Conquista de Tenerife.
  • Aparecimiento de la imagen de la Candelaria.
  • Discurso en la herida que sufrió Juan Bautista Silman (1637).

Notas editar

  1. [Alejandro Cioranescu: El poema de Antonio de Viana, incluido en Anuario de estudios atlánticos, nº. 16, pags. 67-144 (1970).
  2. Juan Álvarez Delgado: La división de la isla de Tenerife en nueve reinos, op. cit., nº 31, pags. 61-132 (1985).