Abrir o menú principal

Antonio de Torres, nado en La Cañada de San Urbano (Almería) o 13 de xuño de 1817 e finado en Almería o 19 de novembro de 1892, foi un construtor de guitarras ao que se lle atribúe ser o principal responsable da transformación deste instrumento tal como o coñecemos hoxe en día.

Antonio de Torres
Antonio de Torres.tif
Nacemento13 de xuño de 1817
 Almería
Falecemento19 de novembro de 1892
 Almería
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónindústria de software, musical instrument maker, guitarra, Guitarra flamenca e músico
editar datos en Wikidata ]
Antonio de Torres
Guitarra Torres no Museo da Música de Bacelona

TraxectoriaEditar

Nacido na provincia de Almería desenvolveu o seu labor en Sevilla (entre 1852 e 1869) e Almería (de 1875 ata a súa morte en 1892). Os seus deseños baseábanse na teoría de que a tapa harmónica é a clave do son da guitarra.

O reforzo en abano para a parte inferior da tapa, o característico ensanchamento da curva inferior da caixa, o desprazamento da ponte, e o emprego de madeiras delgadas contribuíron á creación de guitarras resistentes pero lixeiras, cun son claro e flexible e un deseño elegante e sinxelo.

O máis famoso dos guitarristas que usaron instrumentos de Torres foi Francisco Tárrega, que foi un dos primeiros músicos empeñados en demostrar que a guitarra era un instrumento "serio".

Calcúlase que construíu unhas 320 guitarras durante os seus dous períodos de actividade, das cales localizáronse unhas 70.