Antonio de Oquendo
Antonio de Oquendo y Zandategui, nado en outubro de 1577 en Donostia e finado o 7 de xuño de 1640 na Coruña, foi un mariño español, capitán xeneral da Armada do mar Océano. Participou en máis dun centenar de batallas navais, incluíndo a batalla dos Abrojos en 1631, e na batalla das Dunas en 1639.
Antonio de Oquendo | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | outubro de 1577 |
Lugar de nacemento | Donostia |
Falecemento | 7 de xuño de 1640 |
Lugar de falecemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | mariño e oficial |
Pai | Miguel de Oquendo |
Premios | Orde de Santiago |
[ editar datos en Wikidata ] | |
En 1639 encárgaselle organizar unha expedición naval en busca da armada holandesa. Ante a ausencia de homes que recrutar foi famoso no momento a obriga de embarque a 2.000 cabezas de familia da zona da Coruña. Feito recordado por Francisco Manuel de Melo:
hum día de mayores lastimas e lagrimas que se vio en Espanha ha muytos annos.[1]
Notas Editar
- ↑ Parker, Geoffrey (2010). El ejército de Flandes y el Camino Español 1567-1659 (en castelán). Madrid: Alianza Editorial. p. 81.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antonio de Oquendo |
Bibliografía Editar
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Outros artigos Editar
Ligazóns externas Editar
- Biografías y Vidas (en castelán).