Antonio Requeni, nado en Buenos Aires o 8 de setembro de 1930, é un xornalista e escritor arxentino.[1]

Antonio Requeni
Nacemento8 de setembro de 1930
Lugar de nacementoBuenos Aires
NacionalidadeArxentina
Ocupaciónxornalista e escritor
PremiosOutstanding Citizen of Buenos Aires
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Pasou os primeiros anos en Valencia e comezou os estudos de profesor na Escola Normal Mariano Acosta e a Universidade de la Plata. Foi elixido membro da Academia Arxentina de Letras en 1998.[2] En 1958 foi bolseiro en París e é membro da Fundación Argentina para la Poesía, onde orienta e traballa nas Coleccións do selo de Lidia Vinciguerra.

Traballou no diario La Prensa desde 1958 ata 1994, xubilándose como secretario de redacción. Colaborou en xornais arxentinos e estranxeiros. Foi correspondente de Radioprogramas Hemisferio de La Voz de las Américas (Estados Unidos) e dirixiu a revista Italpress. Tamén fixo crítica bibliográfica en La Nación.[3]

A poesía de Antonio Requeni xorde na década dos 50 do século XX, na Arxentina, no medio de movementos culturais que poxaban por afianzarse e marcar unha nova tendencia. Antonio Requeni é un poeta de luz, poeta que escribe sobre sobre a beleza, sobre a verdade, sobre o simple da vida e o paso do tempo, nunha linguaxe diáfana, con aire de lenda ou crónica dun susceso, reflexivo, con claridade conceptual e voz persoal.[4]

Os temas que percorren a súa poesía son a celebración do amor e a natureza, a nostalxia da infancia, a melancólica deterioración dos anos, o misterio, a beleza e a morte.[5]

O Boletín Galego de Literatura publicou Un poeta arxentino en Galicia: González Carbalho, de Antonio Requeni, traducido por Blanca Ana-Roig.[6]

Obra editar

Poesía editar

  • Luz de sueño (1951)
  • Camino de canciones (1953).
  • El alba en las manos (1954).
  • La soledad y el canto (1956).
  • Umbral del horizonte (1960).
  • Manifestación de bienes (1965).
  • Inventario (1974).
  • Antonio Requeni (1977). Selección e prólogo de Ángel Mazzei. Ediciones Culturales Argentinas
  • Línea de sombra (1986).
  • Poemas 1951-1991 (1992).
  • Antología poética (1996).
  • El vaso de agua (1997).
  • La palabra en el tiempo (2017). Antoloxía poética, selección de Francisco José Cruz, col. Palimpsesto, Carmona-Sevilla.

Prosa editar

  • Los viajes y los días (1960). Crónica de viaxe.
  • El pirata Malapata (1974). Contos infantís.
  • Cronicón de las peñas de Buenos Aires (1985).
  • Travesías (1997). Diálogos con Olga Orozco e Gloria Alcorta

Premios[3] editar

  • I Premio Municipal de Poesía
  • I Premio Municipal de Ensayo Ricardo Rojas
  • Laurel de Plata a la Personalidad del Año (rubro de poesía) do Rotary Club de Buenos Aires
  • Pluma de Plata do Centro Arxentino do PEN Club
  • Premio Esteban Echeverría de Gente de Letras
  • Faja de Honor da SADE
  • Ferrovia dello Stato de Roma
  • 1953: Premio da Sociedad Argentina de Escritores por Camino de canciones.
  • 1989: República de Italia: título de cavaliere ufficiale.
  • 1996: O Fondo Nacional das Artes seleccionouno entre os dez poetas vivos máis importantes da Arxentina.
  • 1997: Premio Konex dúas veces (en literatura de testemuño e xornalismo cultural)

Notas editar

  1. "Antonio Requeni" (en alemán). 2020-09-13. 
  2. "ANTONIO REQUENI Academia Argentina de Letras". letras.edu.ar. Consultado o 2021-01-05. 
  3. 3,0 3,1 "Antonio Requeni". www.asale.org (en castelán). Consultado o 2021-01-05. 
  4. "Antonio Requeni - Revista Altazor" (en castelán). Consultado o 2021-01-05. 
  5. "Antonio Requeni – Poéticas" (en castelán). Consultado o 2021-01-05. 
  6. "Un poeta arxentino en Galicia". www.letras-uruguay.espaciolatino.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2021. Consultado o 2021-01-05. 
  7. culturagalega.org (2020-02-26). "O Centro Pen Galicia galardoa neles traxectorias literarias senlleiras nas outras linguas peninsulares". culturagalega.org. Consultado o 2021-01-05. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar