Antonio Pillado (Arxentina)
Antonio Pillado, nado en Viveiro en 1809 e finado na Arxentina en 1879, foi un político, bibliófilo e home de letras galego na Arxentina.
Antonio Pillado | |
---|---|
Nacemento | 1809 |
Lugar de nacemento | Viveiro |
Falecemento | 1879 |
Lugar de falecemento | Arxentina |
Nacionalidade | Arxentina |
Ocupación | político e escritor |
Fillos | José Antonio Pillado |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Fillo de José Pillado, comerciante, loitou contra Juan Manuel de Rosas, foi feito prisioneiro na batalla de Chascomús e encarcerado en Buenos Aires. Fuxiu a Montevideo onde fundou La Gaceta del Comercio e El Conservador, foi comisario e xefe interino de policía, e seguiu loitando para derrocar o ditador arxentino proporcionando e transportando armas aos que o combatían. Cando caeu Rosas foi nomeado Xefe da Policía e secretario tesoureiro da Municipalidad de Buenos Aires e administrador do Asilo de Mendigos de La Recoleta. Fundou o Club del Progreso, o Instituto Histórico y Geográfico del Río de la Plata e a Asociación de Amigos de la Historia Natural. Escribiu Diccionario de Buenos Aires.
Recoñecementos Editar
Unha rúa de Virrey del Reino leva o seu nome.
Vida persoal Editar
Casou con Guillermina Manuela Díaz e tivo seis fillos: José Antonio, Ricardo, Emilio, Eugenia, Roberto e Jorge Pillado Díaz.