Antonio Munch Zapata

sindicalista e político galego

Antonio Munch Zapata, nado na Coruña en 1898 e finado en Coirós o 1 de setembro de 1936, foi un sindicalista e político galego.

Antonio Munch Zapata
Nacemento1898
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento1 de setembro de 1936
Lugar de falecementoCoirós
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista e político
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Tranviario, foi representante do Sindicato de la Unión de Obreros Tranviarios da UGT coruñesa no Congreso da Federación Local Obrera en abril de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi paseado pola Garda Civil en Coirós. Foi soterrado nunha fosa común sen que chegase a localizarse o seu cadáver.

En outubro de 1957 publicouse un edicto do xuíz de primeira instancia número 1 da Coruña, no que se daba conta da tramitación dun expediente sobre a súa declaración de falecemento, a petición da súa muller María de la Concepción Iglesias López.[1]

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 22-10-1957, p. 4.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar