Antonio Landeira
Antonio Manuel Landeira Gallardo, nado en 1971, é un empresario e político galego, que durante un tempo foi alcalde de Santa Comba polo PPdeG.
Antonio Landeira | |
---|---|
Nacemento | 1971 |
Galicia | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Empresario, foi presidente da asociación de empresarios de Santa Comba.
Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Santa Comba e foi elixido alcalde grazas ao apoio dos concelleiros de Independentes por Santa Comba[1]. Dimitiu en novembro de 2014[2] e aínda que alegou motivos persoais, días despois coñeceuse que dera positivo nun control de alcolemia mentres conducía[3]. Substituíuno na alcaldía a primeira tenente de alcalde, María Pose Rodríguez.
Predecesor: Miguel Pérez Fernández |
Alcalde de Santa Comba 2011 - 2014 |
Sucesor: María Pose |
Posteriormente, a finais de 2015 viuse implicado nunha trama de falsificación de subvencións formativas na súa faceta como empresario[3].
NotasEditar
- ↑ "Los populares recuperan Santa Comba de la mano de Antonio Landeira y el apoyo de IxSC". Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2011. Consultado o 23 de decembro de 2011.
- ↑ El alcalde de Santa Comba dimite y alega “motivos personales”
- ↑ 3,0 3,1 Detenido el exalcalde de Santa Comba en la Operación Qatedra, la Voz de Galicia, 17/11/2015.